PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 01

Avance VI Torneo Eixo Atlántico de Hóckey sobre Patíns

Seis equipos galegos e outros tantos portugueses da categoría Sub17 participan este fin de semana (2 e 3 de decembro) na sexta edición do Torneo Eixo Atlántico de Hóckey sobre Patíns, que se celebrará en A Coruña. A fase previa da competición está formada por catro grupos de tres conxuntos cada un, xogando os que forman o A e B no pavillón de Monte Alto mentres que o C e o D disputarán os seus partidos no Pazo dos Deportes de Riazor, sendo este o escenario que acollerá a segunda fase para a cal se clasifican os primeiros para as semifinais mentres que o segundos e os terceiros disputarán os postos do 5º ao 12º. No documento adxunto podedes ver os horarios de cada partido.

Por outra banda, o venres 1 de decembro desde as 20:00 horas desenvolverase en Riazor unha conferencia impartida polo técnico italiano Gianni Massari, na que disertará sobre os fundamentos técnicos no Hóckey sobre Patíns.

#eupatino

 

 

 

 

Conferencia GIANNI MASSARI_001

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL