A Patinaxe Artística ten este sábado a súa primeira cita importante da tempada para a modalidade de patinaxe libre, aínda que nesta ocasión unicamente se levará a cabo o programa de disco curto para os patinadores e patinadoras de 1ª Categoría. Organizado conxuntamente polo CPA Maxia e CPA Aura, o pavillón Ría do Burgo en Culleredo acolle o Trofeo Deputación da Coruña con 68 inscritos. Por outra banda, o xa tradicional Trofeo Deputación de Pontevedra celebrarase un ano máis no pavillón municipal do Covelo coa organización do club local, Covelo PA, contando coa participación de 55 deportistas das categorías Benxamín a Senior en ambas competicións.
Podedes consultar os horarios e listas de participantes así como a orde de saída no novo menú da páxina web da FGP, adicado exclusivamente á Patinaxe Artística.
Ordes de saída
Trofeo Deputación da Coruña – Trofeo Deputación de Pontevedra