A intensa actividade desde fin de semana na modalidade de Patinaxe Artística comenza o sábado 24 de marzo cun amplo programa no Trofeo Xunta de Só Dance, que tamén se aproveitará para realizar I Fase de Niveis, contando en ambas cunha participación de 41 patinadores e patinadoras de todas as categorías e niveis, tanto masculinas como femininas.
Organizado polo Club Patín Vagalume-Celtamotor, durante a mañá realizaranse o programa obligatorio e Style Dance de 10:50 a 13:40 no pavillón de Candeán en Vigo. Pola tarde, de 16:30 a 17:35, competirán os 19 inscritos na Fase de Niveis para a continuación, desde as 17:35, dar paso ao programa libre do Trofeo Xunta de Só Dance.
#eupatino