PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 30

Avance Trofeo Xunta de Patinaxe Artística

A modalidade libre de Patinaxe Artística celebra este sábado o Trofeo Xunta, pero nesta ocasión co programa longo despois de realizar o curto o pasado 11 de marzo baixo a denominación de Trofeo Deputación. Como naquela ocasión, dividirase en dúas sedes cos clubes da Coruña participando no pavillón de Caión organizado por Club Patín Conxuro da Laracha, cun total de 67 patinadores e patinadoras. Os de Pontevedra farano no pavillón municipal de Ponteareas coa organización do Club Patinaxe Artística Luar, onde ademais da modalidade libre individual, con 52 participantes, tamén figura inscrito un dúo na modalidade de parellas de artístico. A relación de inscritos e os horarios podénse consultar na nosa páxina web de modalidade de Patinaxe Artística.

Ordes de saída: A CoruñaPontevedra

HORARIOS TROFEO XUNTA PONTEVEDRA (modificado)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL