O pavillón de Bouzas en Vigo (Pontevedra) acolle este domingo 10 de febreiro a Terceira Sede da Liga Galega Sénior Masculina na que se disputarán as xornadas 8 e 9, se ben aínda restan varios encontros por xogar dos corrrespondentes á quinta, sexta e sétima, que por circunstancias do calendario non o farán con formato de sede.
Lóstregos Máster e Lóstregos marchan con certa vantaxe logo de sete e seis encontros xogados respectivamente, aínda que algún equipo, como A Guarda H. L. que exerce esta vez de anfitrión, tan só xogou catro. Precisamente nunha das xornadas vaise enfrentar a Morcegos H. L. mentres que os ourensáns xogarán tamén con Brigantium sendo estes os tres conxuntos que manteñen unha interesante loita pola clasificación para a Final a 4 xunto a Lóstregos Máster e Lóstregos. Os partidos comezarán ás 10:00 e rematarán co encontro aprazado da categoría Infantil entre Lóstregos e A Guarda H. L. ás 20:00.
Ademais, no pavillón Agra 1 da Coruña celebraranse o sábado 9 dous encontros da Liga Galega Benxamín, Galicia Rollers-Iguanas (12:00) e Brigantiños-Iguanas (16:00).
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino