Despois de disputar as dúas primeiras sedes da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña en Lugo, con catro xornadas completadas en ambas, a competición chega este domingo 17 de decembro ao pavillón de Bouzas en Vigo coa organización de A Guarda HL. Dúas xornadas máis, a quinta e a sexta, serán as que se celebren desde as 10:00, hora á que se iniciará o primeiro encontro, ata case ás oito da tarde, cando rematará o derradeiro partido dos oito previstos que será o que enfrente a Lóstregos e Cabuxos, precisamente os dous conxuntos que encabezan a clasificación provisional con tres vitorias en outros tantos encontros. Por detrás, Brigantium e A Guarda HL tratarán de manter o ritmo dos anteriores.
#eupatino