Penúltima oportunidade para acadar os obxectivos marcados. Así afrontan os oitos equipos da categoría Infantil de Hóckey Liña a Terceira Sede da Liga Galega este domingo 4 de marzo no pavillón de Bouzas, en Vigo, onde se desenvolverán as xornadas 5 e 6 da competición e cun partido estelar que abrirá a xornada, pois Lóstregos Norte e Club Hóckey Feminino Minimeigas, ambos invictos e con 12 puntos nos catro encontros xogados ata o momento, disputarán este primeiro partido da mañá desde as 10:00 horas.
A loita por entrar nas catro primeiras prazas, que de momento completan Lóstregos Sur e Morcegos HL, segue a ser moi intensa e probablemente non se decidirá ata a derradeira sede no mes de maio, xa que tanto Trasnos como A Guarda HL aínda contan con opcións, que desta volta son os anfitrións e organizadores.
#eupatino