O Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña será o escenario este domingo no cal se desenvolverá a Terceira Sede das Ligas Autonómicas de Hóckey Liña nas categorías Feminina e Infantil, baixo a organización do ADC Alquimia InLine. Na categoría Feminina disputaranse as xornadas 5 e 6 da competición, toda vez que un dos encontros da terceira, o que enfrentou aos conxuntos locais do CPL Brigantium de Arteixo e ADC Alquimia InLine, xa se disputou o pasado mes de xaneiro co resultado de empate a tres tantos. Resta outro, entre as luguesas do CHL Meigas e o Lóstregos Feminino, que se xogará no mes de maio ao igual que a cuarta xornada íntegra e que posiblemente será decisivo para coñecer quen remata primeiro, pois os dous equipos contan os seus partidos por vitorias. Precisamente ás do Meigas tocaralles enfrontrarse ós conxuntos da Coruña, sendo ambos os dous partidos pola tarde. En principio non debería haber sorpresas, aínda que tamén hai que contar con tempo de descanso que terán as xogadoras, que non sempre será o mesmo para todas.
No que atinxe á categoría Infantil, tamén se celebrarán as xornadas 5 e 6, pois a terceira e a cuarta que se tiveron que aprazar na anterior sede de Vigo, levaranse a cabo no mes de maio, coincidindo tamén coas Femininas. Os equipos de Olimpio XXI Lóstregos e Meiguiñas chegan como líderes provisionais tras gañar os dous partidos disputados, tendo os primeiros sendo enfrontamentos contra o Lóstregos Norte e o Lóstregos Sur.
Como xa é habitual, non haberá descanso durante 12 horas, desde as nove da mañá ata as nove da noite, momento no finalizará o derradeiro partido desta Terceira Sede.