O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo e coa organización do CP Lóstregos Lucus acolle este domingo 25 de febreiro a Terceira Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña, que disputará as xornadas 9 e 10 da competición desde as 11:10 horas, cando comezará o primeiro encontro da xornada, e ata case as sete e media da tarde, cando rematará o derradeiro desta categoría. Nembargantes, tamén se aproveitará esta sede para disputar o partido da cuarta xornada da Liga Galega Feminina entre Lóstregos Feminino e ADC Alqumia Inline (19:30 horas).
Peque Lóstregos é o líder provisional con moita ventaxa sobre o resto de equipos, sendo de feito o único que permanece invicto despois de gañar os seus oito partidos disputados. Máis igualdade hai entre os tres seguintes clasificados, que nas xornadas que restan deberán definir as súas posicións, pois tanto Club Hóckey Minimeigas como Morcegos HL e ADC Alquimia Inline semellan os candidatos a ocupar as catro primeiras prazas que dan acceso á Final a 4.
#eupatino