A Liga Galega de Hóckey Liña da categoría Benxamín recupera o seu pulso coa Terceira Sede este domingo, 12 de marzo, no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, tendo como anfitrión ao conxunto local do Lóstregos. Desde ás 10:30 da mañá ata ben entrada a tarde, co remate aproximado ás 19:30, disputaranse tres xornadas (7ª, 8ª e 9ª). Feiticeiras e Lóstregos Kids encabezan a clasificación provisional, pero os segundos cun partido menos, aínda que ambos empatados a 15 puntos. Lóstregos Kids é o único equipo que conta os seus encontros por vitorias mentres que Feiticeiras xa ten unha derrota, aínda que o domingo os de Lóstregos teñen unha magnífica oportunidade de quedar como líderes en solitario, pois Feiticeiras só xogará dous partidos polos tres de Lóstregos.
Horarios, resultados e clasificacións