Esta fin de semana vén marcada por varias frontes nas competicións autonómicas de Hóckey Liña, con partidos no pavillón de Castrelos (Monte da Mina) de Vigo, no Agra 1 da Coruña e no Daniel Cordido Castro de Lugo.
Organizada por Vigo Blue Ringed, na cidade olívica celébrase a Terceira Sede da Liga Galega Alevín que se verá complementada con un encontro da Sénior Feminina e outro da Sénior Masculina, ambos a continuación dos seis previstos para os máis cativos desde as 10:00 horas do domingo 17 de marzo correspondentes ás xornadas 6 e 7. O Meiguiñoas é o líder provisional, pero seguido moi de preto por Lóstregos e Morcegos, con quen xogará precisamente este domingo, o que podería mudar a clasificación cando resten tres xornadas despois da sede viguesa.
Tambén na Coruña se disputarán varios partidos da categoría Benxamín o sábado pola tarde desde as 15:00 horas, que corresponden ás xornadas 12, 13 e 14 da competición así en Lugo o encontro da Sénior Feminina entre Lóstregos e A Guarda H. L.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino