Xa disputada a primeira xornada da fase de grupos correspondente ao A dos equipos que loitarán por xogar a Final a 4, este domingo 11 de marzo celébranse no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo organizadas polo CP Lóstregos Lucus as xornadas dous e tres do Grupo A, nas que se xogarán catro partidos que poderían ir definindo a clasificación.
No Grupo B, formado polos catro equipos restantes que non se clasificaron para a disputa polo título na liga regular e que manterán a súa actividade ata o remate da competición, será a súa primeira xornada desta segunda fase cos encontros alternándose cos do outro grupo.
Ademais, Liga Galega Feminina na Coruña
Tamén este fin de semana, concretamente o sábado 10 de marzo, teremos dous partidos da Liga Feminina no pazo dos deportes de Riazor na Coruña, onde o Lóstregos Feminino xogará ás 17:30 horas contra o Brigantium e ás 19:30 ante o ADC Alquimia Inline.
#eupatino