Remata tamén este domingo 28 de maio a única categoría das ligas autonómicas de Hóckey Liña que aínda non finalizou. Faino no pavillón de Bouzas en Vigo (Pontevedra) co Lóstregos tendo practicamente garantida a primeira praza, pois ata o momento gañou os 12 encontros disputados e conta con 6 puntos de marxe con respecto a CHL Cabuxos e CPL Brigantium Arteixo, que loitarán pola segunda e terceira praza e que ademais se enfrentarán no segundo encontro da xornada 13, a primeira das dúas que se xogarán. A Guarda Hóckey Liña ocupa a cuarta praza e semella tela asegurada para acceder á Final a 4 polo título, pero ten dous partidos moi complicados polo que tamén haberá que agardar aos resultados de Lóstregos Máster, se ben estes parten con moita desvantaxe na diferenza de goles (+27 os da Guarda por +9 os de Lugo).