As dúas derradeiras xornadas da segunda fase da Liga Autonómica Senior Masculina de Hóckey Liña disputaranse este domingo 8 de abril no Pazo dos Deportes de Riazor de A Coruña, nunha Sétima Sede organizada polo ADC Alquimia Inline. Un sorprendente Brigantium ten case garantida a primeira praza do Grupo A, aínda que só xogará un partido, pois na outra xornada correspóndelle descansar. Un empate ante Lóstregos, terceiro clasificado, bastaría, sempre e cando Lóstregos Master gañe os dous encontros que debe disputar. Cabuxos e A Guarda HL loitarán pola cuarta praza que da acceso á Final a 4. Ambos non o teñen doado, pois os de Lugo xogan contra Lóstregos e Lóstregos Master mentres os de A Guarda só xogarán un partido ante Lóstregos Master, polo que non dependen de si mesmos.
Tamén haberá partidos do Grupo B, que rematarán aquí a segunda fase que lidera ata o momento Brigantium Beta. Ademáis e para concluír unha vibrante xornada, teremos un partido da Liga Feminina (20:15 horas) entre Brigantium e ADC Alquimia Inline, un derbi local no que ambos buscarán a súa primeira vitoria da tempada e que porá un brillante colofón a unha sede na non faltará a emoción con partidos sumamente interesantes.
#eupatino