A cidade de Ourense vivirá este domingo 16 de decembro unha xornada histórica ao estrear a súa nova pista do pavillón da Carballeira, anexa ao CEIP Manuel Luis Acuña, na Segunda Sede da Liga Galega Senior Masculina organizada por Morcegos HL e que conta coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e Patinatour. Aínda que no é a primera vez que a cidade das Burgas acolle unha sede das ligas autonómicas, si supón un pulo importante o feito de poder dispoñer dunha instalación para práctica do Hóckey Liña de forma permanente.
Disputaranse dúas xornadas, a terceira da fase regular que será pola mañá a partir das 10:00 horas e a cuarta que se celebrará durante a tarde desde as 15:00. Despois dos dous partidos xogados na Primeira Sede de Lugo no mes de outubro, Lóstregos é o líder con pleno de vitorias e 6 puntos seguido por Lóstregos Master e A Guarda HL, ambos os dous con 4.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino