PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 26

Avance Segunda Sede da Liga Galega de Hóckey Liña Feminina e Infantil

Na cidade de Vigo (Pontevedra) celébrase este domingo, 29 de xaneiro, a Segunda Sede da Liga Galega de Hóckey Liña para as categorías Feminina e Infantil. O pavillón de Bouzas acolle desde as nove da mañá os dous primeiros partidos correspondentes á terceira xornada das mozas, entre os que destaca un interesante CHL Meigas-Lóstregos Feminino, con ámbolos dous equipos disputándose a primeira praza que ostentan empatados a 6 puntos con dúas vitorias cadanseu nos encontros xogados ata o momento.

A continuación será a quenda da xornada 3 dos nenos e nenas da categoría Infantil, cos cales finalizará a mañá pero que terán que regresar á pista á primeira hora da tarde para disputar a xornada 4. Olimpo XXI Lóstregos e Meiguiñas lideran a clasificación provisional con 6 puntos e dúas vitorias cada un, enfrontándose tamén entre eles pola tarde, no que se prevé como o partido máis interesante da Segunda Sede.

Tras estes, volverán á pista as mozas con dous partidos máis, habendo intercalado ademais o do anfitrión, A Guarda HL contra CHL Meigas, entre as dúas xornadas dos infantís, polo que durante doce horas o Hóckey Liña non terá un minuto de respiro no polideportivo de Bouzas, ao que estades todos convidados a acudir este domingo, pois a entrada é libre.

Horarios e resultados

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL