O vindeiro domingo, 15 de xaneiro, disputarase na cidade de Lugo a Segunda Sede da Liga Galega de Hóckey Liña na categoría Benxamín. Sobre a pista do pavillón Daniel Cordido Castro da Piringalla poderemos disfrutar das xornadas catro, cinco e seis desta interesante competición na que os máis cativos amosan unha grande valía e saber facer.
Veremos ós Lóstregos Kids, Peque Lóstregos, Lostreguiños, Feiticeiras e Mini Meigas representando a Lóstregos HL e CHL Meigas de Lugo; ós Morcegos de Ourense e os Vigo Blue Ringed da cidade olivica nunha xornada de Hóckey Liña que promete grandes emocións e unha considerable presenza de público nas gradas da Piringalla. O puck botará a rodar ás dez e media da mañá, xogándose partidos en intervalos dunha hora ata as seis e media da tarde.