Dúas novas xornadas da Liga Galega Benxamín celebraranse este domingo 27 de xaneiro no pavillón da Carballeira de Ourense, a onde regresan as competicións autonómicas de Hóckey Liña logo da inauguración da pista o pasado mes de decembro na sede Sénior Masculina.
Os locais de Morcegos H. L. serán os anfitrións nunha xornada onde se disputarán oito encontros distribuídos en dúas quendas de mañá e tarde con Peque Lóstregos como líder provisional seguido por Morcegos e Minimeigas, que son únicos que se manteñen invictos dos oito equipos que disputan a fase regular. Ademais, non haberá enfrontamentos directos entre eles polo que, de non fallar ningún, a clasificación podería continuar do mesmo xeito.
Ademais e unha vez rematada a sede categoría Benxamín, xogarase o partido aprazado de Sénior Masculino entre Morcegos H. L. e A. D. C. Alquimia Inline desde as 19:30 horas.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino