Este domingo 4 de febreiro dispútase a derradeira xornada da liga regular da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña, cuxo desenlace e clasificación dará paso á segunda fase da competición con dous grupos, o A formado polos cinco primeiros clasificados ao termo desta primeira fase e o B cos catro restantes, os que ocupen as prazas do sexto ao noveno. No A, unicamente resta por resolver quen será o quinto equipo que acompañe a Lóstregos, Brigantium, Cabuxos e Lóstregos Master, sendo os aspirantes a ela A Guarda HL, que non xogará ao tocarlle descansar, Vigo Blue Ringed e Morcegos HL, aínda que os ourensáns cunha probabilidade moi remota de rematar quintos.
Nesta sede xogaranse dúas xornadas, a novena correspondente á primeira fase e a correspondente á inicial do Grupo A da segunda fase, que se celebrará pola tarde. Desta quenda, o Club Vella Escola Roller será anfitrión no pavillón de Bouzas en Vigo (Pontevedra). O encontros da matinal comenzarán ás dez da mañá e finalizarán ao fío das tres da tarde co derbi lucense entre Lóstregos e Lóstregos Master que, curiosamente, volverán xogar apenas dúas horas despois (16:15), pois o calendario volve emparellalos na xornada 1 do Grupo A, da que o outro partido se iniciará ás 15:00 entre o quinto clasificado e Brigantium, polo que Cabuxos descansará. As primeiras xornadas do Grupo B deberán agardar ao 11 de marzo.
#eupatino