O pavillón de Bouzas en Vigo acolle, por segunda semana consecutiva, unha nova sede da Liga Galega de Hóckey Liña. Neste caso será a Quinta, repetindo a categoría Infantil e disputando a Benxamín as dúas derradeiras xornadas da competición, na que Lóstregos Kids rematará como líder dunha liga regular que encabeza con 31 puntos polos 27 de Feiticeiras, pois ambos xogarán só un partido. Tamén Peque Lóstregos rematará terceiro mentres Morcegos e Mini Meigas se xogarán a cuarta praza, con enfrontamento directo entre eles no derradeiro encontro desta sede, o domingo 7 de maio ás 20:00 horas, o que determinara que catro equipos xogarán polo título na Final a 4.
Na Infantil, penúltima sede a falta de disputar a aprazada cun interesante Olimpio Lóstregos XXI-Meiguiñas, que será decisivo para saber quen remata a liga regular na primeira posición, pois os dous están empatados con 15 puntos. Lóstregos Norte seguirá atento a calquera despiste dos anteriores mentras que o cuarto clasificado, Lóstregos Sur, encabeza o grupo de abaixo cunha praza para a Final a 4 que terá que resolver con A Guarda HL e Trasnos.