Con Meigas como anfitrión, este domingo comeza a Liga Infantil de Hóckey Liña no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo con tres encontros correspondentes ás xornadas 1, 2 e 3 da competición pero sen a presenza dun dos catro equipos que forman a mesma, pois os tamén locais do C. P. Lóstregos teñen que desprazarse ata Sagunto (Valencia), onde disputarán a Segunda Sede da Liga Nacional Ouro Infantil intentando buscar a mellor clasificación posible para as eliminatorias que darán paso á segunda fase da mesma. Deste xeito, Lóstregos xogará os dous encontros da liga autonómica o día 10 de febreiro mentres este domingo 20 de xaneiro entrarán en liza Meigas de Lugo, Trasnos de Ribadeo e A Guarda H. L.
A merma de equipos esta tempada, o que fai que a Liga Galega se inicia máis tarde do habitual e con menos sedes e xornadas, vén dado polo incremento das categorías de base que están por debaixo, tal é o caso da Alevín e da Benxamín, o que tamén levou ao Comité de Hóckey Liña de F. G. P. a adecuar as idades de cada unha delas. Os encontros en Lugo serán ás 12:00 horas co enfrentamento entre A Guarda H .L. e Meigas para disputar a continuación o Trasnos-A Guarda H. L. (14:00) e o Meigas-Trasnos (16:00).
No que atinxe a Lóstregos, xogarán o sábado 19 de xaneiro en Sagunto contra Skulls Almasera (11:30) e Espanya H. C. (21:00) coa particularidade de que estes tres equipos contan con tres puntos, polo que os resultados dos lugueses definirán se poden rematar esta primeira fase no que podería ser una excelente terceira praza no grupo A, toda que vez que tanto Club BCN Tsunamis e Tres Cantos PC Kamikazes son xa practicamente inalcanzables.
Horarios, resultados e clasificación Liga Galega Infantil
Horarios, resultados e clasificación Liga Nacional Ouro Infantil
#eupatino