Tras iniciarse xa as ligas galegas das categorías Xuvenil, Sénior Feminina e Sénior Masculina -sendo esta a única das tres que se disputa con formato de sedes na maioría das xornadas-, este domingo 10 de noviembro comeza a correspondente á categoría Infantil, que levará a cabo a súa Primeira Sede no Pazo dos Deportes de Riazor de A Coruña organizada por A. D. C. Alquimia Inline. Seis serán os equipos que compitan na fase regular, xogando nesta as dúas primeiras xornadas da competición desde as 10 da mañá ata pasadas as cinco da tarde, cando está previsto que rematen os seis encontros.
En vindeiras semanas arrincarán as categorías Alevín (17 de novembro) e Benxamín (24 de novembro), ambas tamén con formato de sede, polo que a finais do mes de novembro xa estarán en marcha todas as ligas autonómicas de Hóckey Liña.
#eupatino