Despois de iniciarse a pasada fin de semana as ligas autonómicas das categorías Xuvenil e Sénior Feminina, este domingo 27 de outubro comeza a Liga Galega Sénior Masculina coa celebración da Primeira Sede organizada por Lóstregos H. L. no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, na que se disputarán as dúas primeiras xornadas da liga regular que rematará o 26 de abril de 2020 logo de completar as 14 xornadas previstas da competición, na que participarán 8 equipos. Os encontros empezarán ás 10:00 horas para continuar sen interrupcións ata as oito da tarde, cando concluirá esta sede.
#eupatino