O vindeiro domingo 21 de outubro arrancan as competicións autonómicas de Hóckey Liña. Será no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo coa celebración da Primeira Sede da Liga Galega Senior Masculina, que contará con oito equipos nesta primera fase na que se xogará unha liga regular de todos contra todos a todos a dobre volta, contabilizando 14 xornadas que rematarán o 21 de abril de 2019. Con respecto á pasada tempada, teremos as ausencias de Cabuxos de Lugo e Vigo Blue Ringed, pero haberá una nova incorporación con Galicia Rollers, que debuta na categoría masculina.
Nesta primeira sede disputaranse dúas xornadas baixo a organización do Club Lóstregos, cos da primeira durante a mañá desde as 10:00 ata aproximadamente as 14:30 horas. Pola tarde xogaranse os catro encontros da xornada dúas desde as 15:00 ata as 19:30, hora na que rematará o derradeiro partido dos oito previstos.
Horarios, resultados e clasificacións
#eupatino