Comeza este domingo 25 de novembro a liga regular dunha das categorías que aínda non se puxera en marcha nas competicións autonómicas de Hóckey Liña. O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña, co ADC Alquimia Inline como anfitrión, acolle a Primeira Sede da Liga Galega Benxamín na que se disputarán os oito encontros correspondentes ás dúas primeiras xornadas para os oito equipos que buscarán o pase á Final a 4.
A única que non se iniciou é a Infantil, que o fará o 23 de decembro.
Aproveitando tamén a celebración desta sede, o ADC Alquimia Inline levará a cabo tres accións, enmarcadas no proxecto de Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa, nas que tamén podedes participar e das que tedes máis información na seguinte ligazón: https://www.alquimiainline.com/blog/adc-alquimia-inline-un-equipo-trabajando-en-valores#
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino