Xa van quedando poucas categorías sen estrearse nas ligas galegas de Hóckey Liña e este domingo 17 de novembro será a quenda da Alevín mentres o día 24 arrincanrá a Benxamín, dando así por iniciadas todas as que compoñen as competicións autónomicas da modalidade.
A máis cercana no tempo, aínda que ambas terán como escenario o Pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo organizadas polo C. P. Lóstregos Lucus, é da categoría Alevín, que disputará as dúas primeiras xornadas con seis encontros que enfrontarán aos seis clubes inscritos na liga regular: Lóstregos, Meigas, Iguanas, Galicia Rollers, Alquimia e Morcegos. Esta Primeira Sede comezará ás 10:00 horas do domingo para rematar sobre as cinco da tarde.
#eupatino