Este fin de semana (26 e 27 de novembro) conclúe oficialmente a tempada de Patinaxe Artística coa III Fase de Niveis, que terá unha espectacular participación con 746 patinadores e patinadoras inscritos nos niveis do 1 ao 7 da modalidade libre, aínda que na sede da Coruña Norte, que estará organizada polo Escola Lubiáns e que se desenvolverá no pavillón Carballo Calero de Carballo, tamén acudirán os de Só Dance o domingo, sendo 199 deportistas os convocados para ámbalas xornadas, mentres que os 240 inscritos na Coruña Sur terán que facelo no pavillón Serves de Ribeira, baixo a organización do Club Ribeira.
No que respecta á sede de Pontevedra, que estará a cargo do Club Condado, os 307 inscritos das provincias de Pontevedra e Ourense participarán no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño. Apuntar ademais que o pasado domingo, 20 de novembro, tamén organizada polo Club Condado, celebrábase no pavillón do Carmen en Vigo a III Fase de Niveis de Figuras Obrigatorias, resultado que podedes consultar na seguinte ligazón.
Resultados III Fase de Niveis Figuras Obrigatorias
Horarios III Fase de Niveis
A Coruña Norte – A Coruña Sur – Pontevedra
Ordes de saída
A Coruña Norte Sábado – A Coruña Norte Domingo
A Coruña Sur Sábado – A Coruña Sur Domingo
Pontevedra Sábado – Pontevedra Domingo