O pavillón do Ensanche de Ferrol (A Coruña) terá unha intensa actividade na proba de Patinaxe Artística organizada polo Club Patinaxe Buxaina da cidade departamental, pois na xornada do sábado 10 de noviembre celebrarán a III Fase de Categoría Rexional para as categorías Absoluta e Alevín, que competirán pola mañá de 10:00 a 14:00 horas, aínda que ás 9:00 iniciarán os adestramentos. Pola tarde será a quenda das categorías Infantil e Cadete de 17:00 a 21:00 horas e os adestramentos desde as 16:00 para un total de 99 inscritos.
O domingo 11 de novembro entrarán en acción os 22 patinadores e patinadoras que participarán nas Probas de Acceso para o ascenso a Categoría Nacional, sendo de 10:20 a 10:40 os adestramentos e xa de 11:00 a 12:40 a competición nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete poñendo así a conclusión a un intenso fin de semana.
#eupatino