Rematadas o pasado fin de semana en A Coruña todas as competicións nacionais de Patinaxe Artística, así como case todas as internacionais -resta unicamente a Copa de Europa do 31 de outubro ao 4 de novembro en Tomar (Portugal)-, voltan as citas autonómicas para pechar tamén a tempada en Galicia nas próximas semanas. Así, a primeira delas será a deste sábado en Arteixo, organizada polo Club Deportivo Fervello, que no Pazo dos Deportes da localidade coruñesa acollerá na xornada do sábado 21 de outubro a III Fase de Categoría Rexional, na que participarán as categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta coa presenza de 88 patinadores e patinadoras. Os adestramentos desenvolveranse desde as 14:00 ata as 15:20, momento no que comenzará a competición que rematará ás 22:15.
#eupatino