PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 21

Avance III Copa Deputación Ourense de Patinaxe Artística

Organizado polo Club Patinaxe Artística Fénix do Carballiño (Ourense), este sábado 23 de xuño celebrarase a terceira edición da Copa Deputación Ourense de Patinaxe Artística, na que participarán 76 inscritos da categoría de Niveis e dous na Rexional dos clubes da provincia de Ourense, o propio anfitrión xunto ao Club Aehde, tamén do Carballiño, e o CD Ourela de Ourense. Precisamente ambos os dous foron os organizadores das dúas edicións precedentes, que cada ano se van rotando entre eles, sendo agora a quenda do máis xove de todos, o Fénix da comarca do Orcellón.

No que atinxe ao programa horario, a actividade no pavillón Paco Chao do Carballiño iniciarase ás 10:00 horas cos adestramentos dos niveis 0, 1, 2 e 6 e, de seguido, desde as 11:00, a competición destas categorías. Tras un pequeno descanso, ás 15:30 horas comezan os adestramentos dos niveis 3, 4, 5 e 7 e a categoría Rexional dando paso a partir das 16:15 á competición das mesmas. Á súa conclusión procederase á entrega de trofeos, sobre as oito da tarde.

Horarios: 2018-Copa-Deputacion-Ourense-Horarios

Orde de saída: 2018-Copa-Deputacion-Ourense-Orde-Saida

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL