Rematan este sábado 11 de novembro as probas oficiais da modalidade de Patinaxe Artística coa celebración no pavillón de Candeán, en Vigo (Pontevedra), da II Fase de Niveis Só Dance e Figuras Obrigatorias, que estará organizada polo CP Vagalume-Celtamotor e que se desenvolverá integramente durante a tarde, cos adestramentos dos niveis 1 a 6 de 16:00 a 17:00 horas, momento no cal comezará a competición ata as 19:00.
#eupatino