De novo dobre xornada este fin de semana coa II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística. O sábado 6 de maio a competición organizada polo clube local CPA Condado desenvolverase no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño, na que estarán 60 patinadores e patinadoras. Pola mañá será o turno das categorías Benxamín, Cadete e Absoluta, quedando a xornada de tarde para Alevín e Infantil.
Na mañá do domingo 7 de maio no pavillón de Caión serán 45 inscritos os que acudirán á cita que terá como organizador ao CPA Conxuro da Laracha, coas categorías Alevín e Infantil.
Como sempre, podedes consultar as ordes de saída e horarios na nosa sección de Patinaxe Artística.