O pavillón de Coruxo acolle en Vigo (Pontevedra) e organizado polo C. P. Balaídos a I Fase de Niveis Só Dance e de Figuras Obrigatorias, para a que están inscritos 20 patinadores e patinadoras dos niveis 1 a 4. A proba comezará ás 10:00 horas do domingo 27 de xaneiro e desenvolverase ata as 14:00 con adestramentos e competición para ambas modalidades.
A orde de saída e os horarios definitivos poden ser consultados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/
#eupatino