PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 05

Avance I Fase de Niveis Libre de Patinaxe Artística

Máis dun milleiro de patinadores e patinadoras participarán nas tres sedes da I Fase de Niveis Libre de Patinaxe Artística que, debido á masiva presenza de inscritos, terá que ser dividida en tres xornadas, as dúas primeiras este fin de semana (7-8 de abril) e a terceira o domingo 15 de abril. A ter cabida todas as categorías, desde Benxamín a Xuvenil, e todos os niveis, do 1 ao 7, será necesario que se repartan en quendas segundo a proximidade de cada clube ao lugar onde se celebren.

Así, en A Coruña Norte onde haberá 462 participantes dos 1.348 totais, será o Club Patín Axel quen organice a competición no Pazo dos Deportes de Arteixo este fin de semana o no Pavillón Elviña I (anexo á sede da F.G.P.) o domingo 15.

O CPA Omega será o responsable da organización en A Coruña Sur con 454 inscritos, que terán que realizar os seus exercicios no Pavillón do Milladoiro, no concello coruñés de Ames.

Para os clubes de Pontevedra e Ourense, a cita é durante as tres xornadas previstas no Pavillón Municipal de Candeán en Vigo, baixo a organización da Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo que terá nas mesmas a 432 participantes.

Horarios e ordes de saída

#eupatino

2018-04-07.08.15-PA-IFaseNiveisLibre-CorunhaSur

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL