PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 16

Avance I Fase de Niveis de Patinaxe Artística

Este fin de semana celébrase a I Fase de Niveis de Patinaxe Artística, que estará dividida en tres sedes diferentes. Na Coruña Norte, organizada polo Club Buxaina, a competición desenvolverase no pavillón do Ensache de Ferrol (A Coruña) coa presenza de 236 deportistas. Por outra banda, o CD Fontiñas será o encargado de levar a cabo a sede da Coruña Sur con 285 inscritos, tendo como escenario o pavillón de Fontiñas de Santiago de Compostela (A Coruña).

Os 312 participantes dos clubes das provincias de Pontevedra e Ourense competirán no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño (Pontevedra), que terá ao Club Patinaxe Artística Condado como organizador. En total, son 833 patinadores e patinadoras os que ao longo deste sábado e domingo (18 e 19 de febreiro) estarán a gozar da Patinaxe Artística.

Horarios: A Coruña NorteA Coruña SurPontevedra

Ordes de saída

A Coruña Norte (Sábado) A Coruña Norte (Domingo)

A Coruña Sur (Sábado)A Coruña Sur (Domingo)

Pontevedra (Sábado) Pontevedra (Domingo)

2017-PA-Cartel-IFaseNiveis-Buxaina-Ferrol2017-PA-Cartel-IFaseNiveis-Fontinhas-Santiago

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL