PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 28

Avance I Fase de Niveis (1 ao 3) de Patinaxe Artística

Intenso fin de semana para a Patinaxe Artística coa celebración da I Fase de Niveis, do 1 ao 3, mentres que os do 4 ao 8 farano na derradeira de marzo, concretamente os días 30 e 31, debido ao elevado número de inscricións rexistradas pois nesta quenda son 649 os patinadores e patinadoras inscritos.

Os clubes da Coruña Norte participarán durante o sábado 2 de marzo e o domingo 3 no pavillón municipal de Cabana de Bergantiños coa organización do Club Patinaxe Nordés e a presenza de 224 deportistas. No que atinxe á Coruña Sur, haberá 219 participantes no polideportivo municipal da Pobra do Caramiñal organizado polo Club Patinaxe A Pobra. Xa para os clubes das provincias de Pontevedra e Ourense, será o pavillón do C. E. I. P. Souto-Donas de Gondomar o que acolla a competición con 206 inscritos e tendo como organizador ao C. P. A. Gondomar.

As ordes de saída así como os horarios xa están dispoñibles na páxina de competicións da Federación Galega de Patinaxe.

#eupatino

 

2019-03-02.03-PA-IFaseNiveis-ACorunhaNorte 2019-03-02.03-PA-IFaseNiveis-Pontevedra

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL