Nace unha nova competición, a primeira de rango autonómico organizada polos clubes Roller Derby Vigo Sereas Bravas e Lobishomes MRD baixo normativa nacional e ao abeiro da Federación Galega de Patinaxe. A cita é o domingo 22 de abril no pavillón de Candeán en Vigo (Pontevedra) desde as 18:00 horas, cando se disputará o primeiro partido para decidir quen estrea o palmarés da Copa Federativa, no que xogarán un combinado mixto dos dous clubes organizadores que se enfrentarán a outro equipo formado por xogadoras de Roller Derby A Coruña As Irmandiñas, Negra Sombra Roller Derby de Pontevedra e Roller Derby Ourense As Lobas de Morgana. A entrada é gratuíta e todos aqueles que estedes interesados en descubrir esta nova modalidade, que aínda se está implantando pouco a pouco en Galicia, podedes acudir o domingo a Candeán e descubrir o razón de que o Roller Derby conte con máis de 1.400 ligas a nivel mundial e 30 equipos a nivel nacional, tanto profesionais como afeccionados.
O encontro de volta celebrarase en A Coruña o 2 de xuño.
#eupatino