PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 03

Avance Final a 4 da Liga Galega Sub-16 Feminina de Hóckey sobre Patíns

O Club Compañía de María parte como favorito na Final a 4 que decidirá ao campión galego da categoría Sub-16 Feminina de Hóckey sobre Patíns, logo de rematar a liga regular como o único equipo que gañou os oito partidos disputados. Claro que nunha competición así todo pode suceder, así que tanto HC Raxoi como HC Liceo tentarán dar a sorpresa pois o cuarto equipo clasificado, CH Oleiros, semella que ten menos opcións pola súa andaina na fase regular.

Disputaranse tres xornadas enfrentándose todos contra todos desde o sábado 5 de maio ás 17:00 horas no pavillón de Monte Alto de A Coruña mentres que o domingo 6 se celebrarán as dúas xornadas restantes.

Ademais, os dous primeiros clasificados obterán praza para o Campionato de España Sub-16 Feminino, que se desenvolverá tamén en Monte Alto do 18 ao 20 de maio.

Horarios, resultados e clasificación

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL