O título galego da categoría Senior Feminina de Hóckey sobre Patíns coñecerá ao campión da presente tempada a última hora do domingo pola tarde no pavillón de Monte Alto de A Coruña, onde se celebrará desde a tarde do sábado 12 de maio e durante toda a xornada do domingo 13 a Final a 4. Ademais do campión, o segundo clasificado poderá disputar a fase de ascenso á OK Liga Feminina. O HC Liceo parte como favorito tras rematar as 10 xornadas da fase regular como líder cunha soa derrota ante Diver Patín CD, o segundo clasificado.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino