PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 05

Avance Finais a 4 Xuvenil e Alevín de Hóckey sobre Patíns

Logo de disputarse nos dous fins de semana anteriores Finais a 4 das categorías Junior, Infantil e Senior, co HC Liceo proclamándose campión nas dúas de maior idade e o CH Compostela facéndoo na Infantil, este fin de semana será a quenda das dúas que restan, a Xuvenil e a Alevín, que xogarán os días 7 e 8 de abril no pavillón de Monte Alto de A Coruña, onde se decidirán os títulos autonómicos e os outros dous equipos que acomparán ao vencedor ás súas respectivas fases de sector.

Na Xuvenil, Club Compañía de María “A” foi o primeiro clasificado na liga regular, pero terá que demostralo ante HC Liceo, CH Compostela “A” e Club AA Dominicos. Os tres mellores, logo de enfrentarse todos contra todos, pasarán á fase de sector os días 13, 14 e 15 de abril, tamén en Monte Alto, cos tres clasificados de Asturias.

O mesmo sucederá cos clasificados da categoría Alevín, que terán a súa fase de sector en Oviedo nesas datas do mes de abril. CH Compostela “A” rematou na primeira posición tras a liga regular, aínda que deberá refrendalo este fin de semana nos seus enfrentamentos con HC Liceo “A”, Club Compañía de María “A” e Club AA Dominicos “A”, quen tamén loitarán polo título nun fin de semana que se presenta apaixoante e con moita emoción, no que haberá una xornada o sábado pola tarde a as outras dúas o domingo, tanto pola mañá como pola tarde.

Como é habitual, os partidos poderán verse na canle de YouTube de GaliciaNhockey.

Horarios e resultados

#eupatino

2017-2018-HP-F4-02-Xuvenil-Horarios2017-2018-HP-F4-05-Alevin-Horarios

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL