As Ligas Galegas de Hóckey Liña resolverán este domingo 27 de maio os títulos autonómicos das categorías Senior Masculina e Infantil no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, onde se disputarán as respectivas Finais a 4 organizadas conxuntamente por CP Lóstregos Lucus e CHL Meigas.
Lóstregos Norte e A Guarda HL xogarán a primeira semifinal de Infantil ás 11:30 horas mentres que Club Hóckey Feminino Meigas e Lóstregos Sur buscarán unha praza na final na segunda (12:45). A final será ás 17:45 nunha xornada que terá antes da mesma as semifinais da categoría Senior Masculina, con Lóstregos enfrontándose a Lóstregos Máster (14:00) na primeira e Brigantium a Cabuxos (15:15) na segunda. Os gañadores de ambas disputarán o título galego ás 19:00 horas.
Ademais e para completar a xornada disputarase unha Final a 4 para os equipos da categoría Infantil clasificados dos postos quinto a oitavo na liga regular. Trasnos e Galicia Rollers xogarán a primeira semifinal (9:00) e Morcegos HL e ADC Alquimia Inline (10:15) a segunda e os gañadores de ambas pasarán á denonimada final B desde as 16:30.
#eupatino