O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo decidirá esta fin de semana os campións galegos das categorías Benxamín, Alevín e Sénior, neste caso tanto Masculina como Feminina, na modalidade de Hóckey Liña que, acertadamente, acordou convocar todos os play off nunha mesma sede e que será organizado polo C. H. L. Meigas.
O sábado 1 de xuño disputaranse as semifinais coas de Benxamín e Alevín pola maña e as de Sénior pola tarde. O mesmo ocurrirá na segunda xornada da competición, o domingo 2, na que se xogarán as finais que decidirán os títulos. Así, ás 10:00 horas comenzará a da categoría Benxamín e ás 11:15 a de Alevín. Pola tarde, a partir das 17:00, saberemos quen é o campión Sénior Masculino mentres a Sénior Feminina se iniciará ás 18:30.
Todos os partidos poderán ser visto en directo pola canle de YouTube da Federación Galega de Patinaxe.
#eupatino