O pavillón de Monte Alto da Coruña acolle este sábado 16 de marzo a terceira e derradeira xornada da Liga Galega de Roller Derby, logo do seu paso por Vigo e Santiago de Compostela. O anfitrión, Irmandiñas Roller Derby A Coruña, xogará o primeiro partido ante Sereas Bravas Roller Derby Vigo desde as 17:30 horas, chegando as viguesas con dúas vitorias polo que se gañan ou empatan, rematarán a liga regular en primeira posición. No seguinte encontro (19:35 horas) e xa sabendo o resultado anterior, As Brigantias Roller Derby A Coruña deberá confirmar a súa segunda praza ou incluso optar a rematar como primeiro clasificado se derrotan a Jabatas de Ourense, que aínda non conseguiron puntuar.
A Liga Galega, que se celebra por primeira vez, rematará en Ourense o 27 de abril co primeiro clasificado enfrontándose ao segundo para decidir quen é o campión e o terceiro xogando contra o cuarto.
#eupatino