O Circuíto Galego Júnior de Skateboard, que comenzou a finais do pasado mes de decembro en Pontevedra, terá continuidade este sábado 23 de febreiro coa segunda xornada que se celebrará no Northside Park, ubicado na rúa Touriñana 70 de Arteixo (A Coruña), e organizado polo Skate Club Galicia. A apertura de inscricións está prevista para 10:30 horas mentres o inicio da competición será ás 12:00 para desenvolverse ao longo do resto do día ata as oito da tarde, cando se fará a entrega de trofeos das categorías Sub 6, Sub 9, Sub 12, Sub 15 e Sub 18.
Lembramos que na páxina web específica de competicións tedes toda a información adicional que precisedes.
#eupatino