Despois de celebrar as tres sedes anteriores en Lugo, Ourense e Vigo e de xogar varias xornadas, concretamente a quinta, sexta e sétima da fase regular da categoría Sénior Masculina de Hóckey Liña sen formato de sede, a Cuarta na que se disputarán as xornadas 10 e 11 chega este domingo ao Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña organizada por A. D. C. Alquimia Inline.
Lóstregos Máster é o líder provisional da competición pero a clasificación é enganosa, pois os de Lugo ao igual que Lóstregos, cuartos clasificados, só levan xogados nove partidos polos doce de A Guarda H. L., terceiro na clasificación e os dez de Brigantium, segundos, e Morcegos H. L., quintos, que previsiblemente serán os equipos que xogarán polas catro prazas da Final a 4. Tras esta sede, restarán aínda tres xornadas para o remate da competición, das que se disputaron xa varios encontros.
Os partidos comezarán ás 10:00 horas e rematarán ás 20:00, pero a xornada terá continuidade co partido da Liga Galega Sénior Feminina entre A. D. C. Alquimia Inline e Lóstregos Feminino.
Horarios, resultados e clasificación
Emisión en directo de todos os partidos
#eupatino