Chegan dúas xornadas que semellan decisivas, a sétima e a oitava, que se disputarán este domingo 14 de xaneiro no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo nunha Cuarta Sede da competición organizada polo CP Lóstregos Lucus, que ademais é o líder provisional pero cun partido menos que o Brigantium, sorprendente segundo clasificado e cos mesmos puntos que os lugueses. A terceira praza está ocupada por Cabuxos, sendo os tres principias favoritos para ocupar as primeiras posicións ao remate da liga regular.
Brigantium descansará na xornada de tarde, polo que os tres se porán cando finalice esta sede co mesmo número de encontros disputados a falta da derradeira xornada en Vigo o 4 de febreiro. Moita emoción e incerteza hai polo cuarto e quinto lugar, con Lóstregos Master, A Guarda HL e Vigo Blue Ringed empatados a 9 puntos, polo que a diferenza de goles podería decidir os outros dous equipos que loitarán na segunda fase da competición pola clasificación para a Final a 4.
#eupatino