Galicia Rollers organiza este domingo 24 de marzo a Terceira Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña, que disputará as sornas 8 e 9 da fase regular no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña. Serán en total oito encontros desde as 10 da mañá ata ben entrada a tarde, co derradeiro partido iniciándose ás 18.10 horas.
Peque Lóstregos é o único conxunto que aínda non cedeu ningún punto, contando os oito partidos xogados por vitorias mentres Galicia Rollers, con dous máis xogados, trata de seguir o forte ritmo imposto polos de Lugo, pero que terá un difícil compromiso ao xogar contra Minimeigas, terceiro clasificado e que tamén tentará acceder a esa segunda praza nas xornadas do domingo e á que ademais opta A. D. C. Alquimia Inline, empatado a puntos coas de Lugo.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino