Se ben tras esta Cuarta Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña aínda restarán algúns partidos por disputase, que se irán xogando nos vindeiros días, a liga regular apura os seus últimos encontros este domingo 18 de marzo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, nunha xornada que se presenta moi intensa organizada polo CP Lóstregos Lucus. Precisamente o Peque Lóstregos é o líder destacado e semella complicado que perda a súa posición de privilexio de cara á Final a 4.
Un dos partidos más interesantes será o que enfrente ao segundo e terceiro clasificados, CH Minimeigas e Morcegos HL (15:10 horas), que posiblemente sirva para definir ambas prazas. Pola súa banda, ADC Alquimia Inline ten a oportunidade de dar un paso adiante para manter a cuarta praza, pero para coñecer ao cuarto equipo que se clasificará para a seguinte fase quizá haxa que agardar ao 21 de abril, cando se enfrenten ADC Alquimia Inline e Galicia Rollers.
#eupatino