O partido de volta da primeira edición da Copa Federativa Galega de Roller Derby celébrase este sábado 2 de xuño no pavillón de Elviña II de A Coruña desde as 18:00 horas. O equipo formado por Sereas Bravas e Lobishomes Mens Roller Derby parte cunha cómoda renta logo do partido de ida celebrado en Vigo, onde se impoñía ao combinado de NOS por 361-28. A entrada é de balde, así que se queredes descubrir unha nova modalidade da patinaxe, está é unha boa oportunidade para facelo.
#eupatino