Sete equipos divididos en dous grupos, o A con catro conxuntos e o B con tres, disputan o domingo 18 de febreiro no pavillón Daniel Cordido Castro do barrio lugués da Piringalla a Copa Federación para a categoría Infantil de Hóckey Liña. Os grupos foron formados atendendo á clasificación da pasada tempada, quedando o A formado por Brigantiños, ADC Alquimia Inline, A Guarda HL e Lóstregos Norte mentres o B estará composto por Trasnos, CHL Feminino Meigas e Lóstregos Sur.
Esta sede está organizada por CHL Meigas, comezando os partidos ás 10:00 e rematando ao fío das nove da noite. Agárdanos unha intensa xornada, con sete equipos loitando polas catro prazas -pasan a semifinais os dous primeiros de cada grupo-, que darán acceso á fase final en 15 de abril nun emprazamento aínda por determinar.
#eupatino